Patrocinado por Patrocinadopor

Veciños e confrarías alzan a súa voz en Carnota para reclamar o indulto do exlíder dos percebeiros de Lira

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

SOMOS MAR

marcos creo

Confían en que se poida evitar o ingreso en prisión

14 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A mobilización convocada en Lira para reclamar o indulto do expresidente dos percebeiros Manuel Antonio Martínez Lustres reuniu onte pola tarde a un gran número de veciños, aos que se sumaron, en representación das confrarías, os presidentes das federacións de depósitos galega e provincial, José Pérez e Daniel Formoso, respectivamente. Tamén participou na concentración o actor Miguel de Lira, quen ademais de apoiar a reivindicación popular encargouse de presentar a quen tomaron a palabra. O patrón maior da confraría, Mariano Lago, exclamou: «Van meter no cárcere a unha persoa honrada», á vez que explicou que foron os furtivos quen acudiron en dúas ocasións a Lira «buscar follón e os que foron á caseta de Manuel para montar lea». Tamén explicou que o imputado recoñeceu ter agredido aos furtivos: «E pagou a indemnización correspondente».

Pola súa banda, Daniel Formoso, cualificou de desproporcionada a pena imposta: «Está fóra de lugar». Confía en que poida evitarse o ingreso en prisión.