
O festival Ultreia et Suseis terá lugar no municipio do 14 ao 20 de xullo cunha axenda moi completa
10 jul 2025 . Actualizado a las 00:43 h.Un ano máis, a localidade de Sarria presumirá e poñerá en valor o traballo das asociacións culturais da comarca, así coma o traballo de diferentes artistas galegos. A cuarta edición do festival Ultreia et Suseia, organizado pola produtora local Etiqueta Negra, terá lugar do 14 ao 20 de xullo cunha axenda moi completa, que vai dende espectáculos de narración oral, danza ou teatro ata música en directo e moito humor.
«Para a súa cuarta edición, Ultreia et Suseia volve buscar darlles ás asociacións locais un lugar de reunión e difusión da súa obra, funcionando coma unha maneira de mostrar e valorar a importante labor que fan durante todo o ano», aseguran dende a organización. Colaboran tamén co evento a Xunta, a Diputación e o Concello de Sarria. Representantes destas entidades acudiron onte á presentación do evento, que tivo lugar en Sarria ao mediodía.
En canto á programación, está integramente conformada por artistas galegos, como Luis Zahera, que ofrecerá un monólogo o día 18, e pensada para todos os públicos e idades. E ademais de propostas que xa tiveron éxito noutras edicións como as Camiñografías —paseos escénicos pola vila— este ano haberá algunhas novidades, como as primeiras Olimpíadas Rurais, que terán lugar o venres 18.
O programa
• Luns, 14 de xullo. Ás 20.30, no Paseo do Malecón. Contos Sonoros, coa Banda de Música de Sarria e Cándido Pazó.
• Martes, 15 de xullo. Ás 20.30, na Praza da Constitución. Camiñografía, con Axeigo e Pepe y Lucas.
• Mércores, 16 de xullo. Ás 20.30, na Igrexa de San Salvador. Terá lugar o espectáculo Danza no Camiño.
• Xoves, 17 de xullo. Ás 12.00, no Parque do Chanto. Narración Infantil, co concelleiro César No. Ás 20.30, no Paseo do Malecón. Contos Sonoros, coa Banda Comarcal da Sarria e Carmen Domech.
• Venres, 18 de xullo. Ás 16.30, no Parque do Chanto. Olimpiadas Rurais, para as que é preciso anotarse a través da páxina web do festival. Ás 21.00. no Auditorio Meigas e Trasgos. Chungo, con Luis Zahera. Tamén é preciso mercar entradas.
• Sábado, 19 de xullo (todo no Paseo do Malecón). Ás 19.30. Rúa da Músia. Ás 20.35. A regueifa ambulante, con Josiño da Teixeira, Lupe Blanco e Manolo Maseda. Ás 21.50. Ryu e Saha. Ás 22.45. Carabela.
• Domingo, 20 de xullo. Ás 14.30. Sarricanta, con Meigas e Trasgos e Peleriños. Ademais, haberá baile e foliada.