A intermodal acapara agora todas as atencións

Marta de Dios Crespo
MARTA DE DIOS LUGO / LA VOZ

LUGO CIDADE

MF

As Administracións proxectaron unha estación de trens e buses onde se sitúa a de ferrocarril

16 ago 2019 . Actualizado ás 21:26 h.

A intermodal acapara agora todas as atencións. As Administracións proxectaron hai anos unha estación que axuntase no mesmo espazo trens e buses, facilitando o transbordo de viaxeiros. A obra leva tempo atascada, pero recupérase cíclicamente nas campañas electorais. Na cita de maio, o ministro de Fomento avanzaba en Lugo que os traballos arrincarían no 2020. O goberno central encargarase dunha parte do proxecto e a Xunta doutro. O Concello hase comprometido a dotar a zona dos servizos necesarios.

Xa no 2011 escollíase proxecto gañador e expúñase a intermodal, ademais de como un espazo para o transbordo de pasaxeiros, como un conector de dous barrios, un nexo entre a rúa Monforte e o parque do Sacro Corazón.

Hoxe o debate acerca da utilidade da intermodal volve estar vivo. Quen defenden o proxecto creen que o futuro das cidades europeas camiña por elas, os detractores opinan que os usuarios do tren son cada vez menos e que a infraestrutura é innecesaria.