A TRIBUNA | Ou |
07 abr 2004 . Actualizado á 07:00 h.DESPOIS DUN comezo prometedor, Alejandro Sousa parece estarse afastando dese comezo. Nos últimos días corren e corren rumores de todo tipo, desde os que din que o vai a deixar ata os que din que Lugo llo está comendo. Eu non creo moito nos rumores, pero din que cando o río soa, auga leva. O que está claro é que Lugo o está presionando. Sousa non era da corda destes ilustres personaxes e só foi un remedio caseiro e temporal, para que non estivesen os renovadores na dirección. Moi habilmente, Lugo enfrontou a renovadores e oficialistas durante uns meses co único obxectivo de tapar o desastre electoral de Lugo capital e o mercadillo de Sarria. E conseguiuno. Matou dous paxaros dun tiro: liquidou a nazario e Pepe e tapou a boca temporalmente aos renovadores. Nomean a Sousa porque reunía todas as virtudes para Lugo: dialogante, mozo, pero sobre todo submiso. Lugo fregábase as mans. Quedaban libres para elixir candidato ou «candidata» ao seu gusto, volvendo ao mesmo problema de sempre: que en Monforte o Partido Popular non teña unha executiva forte. Sousa está a dar evidente síntomas de fraqueza e falta de liderado que alimentan estes rumores. Trata de facer equilibrios entre as dúas partes do PP, e estase deslizando cara á parte máis débil, pero con máis poder en Lugo. Esa parte, cuxo líder estaba en Madrid controlándoo todo, aínda ten que render contas polas traizóns feitas ao partido nas últimas eleccións municipais. Señor Sousa, os inimigos non eramos os renovadores. Ao inimigo metéronllo a vostede na súa lista. A el e ao seu protector, que segue xogando a dúas bandas. Todo o mundo sabe quen é el e a que dedica o tempo libre, e vostede tamén. Ou cambia vostede ou acabaranllo comendo.