A Feira do Butelo da Fonsagrada será os días 3 e 4

Laura López LUGO / LA VOZ

A Fonsagrada

Feira do Butelo en el 2022 en A Fonsagrada
Feira do Butelo no 2022 na Fonsagrada FOTO MANUEL

O prazo para reservar un posto na feira remata o día 25

13 ene 2024 . Actualizado ás 19:53 h.

Sábado 3 e domingo 4 de febreiro • A Fonsagrada • 

A Fonsagrada celebra a XXVII Feira do Butelo os días 3 e 4 de febreiro. A tradicional cita gastronómica, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, contará con diferentes postos de venda, animación musical e outras actividades paralelas. O Concello dá Fonsagrada mantén aberto ata o xoves 25 o prazo para optar a un posto na feira.

A Feira do Butelo está consolidada no calendario festivo e gastronómico da comarca e celébrase tradicionalmente a fin de semana anterior ao Entroido. Deste xeito, a feira fonsagradina converteuse nun referente no que tamén se poden adquirir os produtos típicos das datas de Entroido.