A fábrica de Votorantim de Oural, premio á Excelencia Química Empresarial de Galicia deste ano
LUGO
 
	
											O Colexio Oficial de Químicos de Galicia recoñece a súa colaboración coa universidade no apoio ao emprendemento
28 oct 2025 . Actualizado á 19:55 h.O Premio Excelencia Química Empresarial de Galicia 2025 é para a fábrica de cemento que a multinacional brasileira Votorantim ten na localidade de Oural (Sarria). O galardón é concedido polo Colexio Oficial de Químicos de Galicia (Colquiga), e entrégase para distinguir a achega de empresas con instalacións en Galicia a esta rama da ciencia. O recoñecemento a Votorantim foi tomado por unanimidade na xunta xeral que se celebrou este mes.
				
		
			
		
		
												
								
 
    	
Colquiga encomia a factoría de Oural como exemplo de colaboración entre a universidade e a empresa en busca de novos proxectos de emprendemento; doutra banda, destaca que emprendedores como Arturo Martínez ou Isidro Parga foron «visionarios», capaces de ver como aproveitar os recursos naturais de Galicia e de impulsar unhas instalacións que hoxe son unha referencia. A entrega do galardón terá lugar o 15 de novembro en Lugo, na xunta xeral do citado colexio e a asemblea xeral da Asociación de Químicos de Galicia, que coincidirán coa festa de San Alberto Magno, patrón dos químicos.