Todos os servizos mínimos sanitarios en Lugo pola folga deste 15 de outubro por Palestina
LUGO
A Consellería de Sanidade decretou os servizos mínimos para os tres hospitais comarcais e en atención primaria
14 oct 2025 . Actualizado á 11:39 h.A Consellería de Sanidade ha decretados os servizos mínimos que afectan á asistencia sanitaria para este mércores, cando terá lugar unha folga a nivel nacional convocada por varios sindicatos en solidariedade con Palestina. Tal e como recolle este martes o Diario Oficial de Galicia (DOG), o número estipulado é semellante ao que se fixou para a folga do venres 3 de outubro, cando tivo lugar un parón nacional de facultativos para mostrar o rexeitamento ao Estatuto Marco.
Mantense o persoal mínimo para asegurar o 100% de servizos de urxencias e gardas, quirófanos urxentes para a atención dos pacientes que requiran intervención cirúrxica inaprazable, salas de partos e laboratorios de urxencias, entre outros.
No caso do persoal facultativo, no HULA estipúlase a cobertura de 11 facultativos no horario de mañá na área de urxencias, que serán 12 e 8 no caso das quendas de tarde e noite. Na área cirúrxica tamén se aseguran un total de 31 profesionais pola mañá, 18 de tarde e o mesmo número en horario nocturno. Na área de hospitalización haberá como mínimo 41 facultativos, 13 na quenda de tarde e 12 no de mañá, mentres que nos servizos centrais serán 30 pola mañá, 9 pola tarde e 8 pola noite.
Con respecto ao persoal de enfermería, en urxencias serán 13 pola mañá e tarde e 10 e horario nocturno. Na área cirúrxica asegúranse 8 nas tres quendas, mentres que en hospitalización serán 90 pola mañá, 76 pola tarde e 60 pola noite. Nos servizos centrais distribuiranse en 25, 11 e 6 en función da quenda.
En canto aos TCAE, serán 105 técnicos coidados auxiliares de enfermería pola mañá, que baixan a 77 durante a tarde e en 52 pola noite. Os técnicos especialistas serán 26 pola mañá, 18 pola tarde e 9 pola noite. Haberá tamén 34 celadores pola mañá, 31 pola tarde e 17 a última hora. No caso de atención primaria, 111profesionales cumprirán os servizos mínimos en todos os ambulatorios e PAC da provincia pola mañá, mentres que pola tarde son 38 e pola noite redúcense a 27.
En canto ao 061, mantéñense unha base en municipios como Becerreá, O Corgo,, Meira ou Guitiriz e 2 en Lugo ou Monforte. Os servizos mínimos afectan a todo o persoal, incluíndo administrativos, mantemento, hostalería, seguridade. limpeza e transporte. Por exemplo en cociña, haberá como mínimo 5 cociñeiros pola mañá e 35 piques.