Carta aberta a Sylon

N.A. Lugo OPINIÓN

LUGO

El grafiti de Sylon próximo a la Mosqueria
O grafiti de Sylon próximo á Mosqueria Óscar Cela

31 mar 2024 . Actualizado á 05:00 h.

Non sei en que actividade se poderían encaixar os numerosos traballos que coa túa firma ensucian as fachadas da nosa cidade, mesmo hei visto que non te conformas con ensuciar as fachadas dos edificios, senón que ata te atreves co monumento Patrimonio da Humanidade que é a nosa Muralla romana, tal como se pode ver nunha parede do adarve próxima ás escaleiras de Campo Castelo.

Non entendo o pracer que podes experimentar, nin o beneficio que pode reportarche o incansable traballo destrutivo que realizas. Creo que coas pistas que deixas non será difícil identificarte por parte dos axentes responsables da orde pública, obrigándote a emendar os danos ocasionados, e que te expliquen que o que estás a facer é un atentado contra a propiedade privada, que supón custos importantes para o que os sofre.

Bo sería que te dedicases a outra cousa, que non ensucie a cidade nin dane a propiedade allea. Eu desculparíate se, polo menos, imitases aos que cultivando a arte do grafiti realizan por encargo auténticas obras de arte.