O Entroido da Fonsagrada: petiscos e desfile de disfraces para gozar do sábado

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Imagen de archivo de una fiesta de disfraces en A Fonsagrada
Imaxe de arquivo dunha festa de disfraces na Fonsagrada MANUEL

As actividades concentraranse pola tarde na Praza do Concello

09 feb 2024 . Actualizado ás 13:49 h.

Sábado 10 • A partir das 18.00 horas • Praza do Concello • A Fonsagrada • 

Todo listo na Fonsagrada para dar a benvida ao Entroido ao grande. Petiscos, música e desfile de disfraces serán as principais atraccións do programa de actividades que se celebra este sábado, organizado pola comisión de festas, coa colaboración do Concello. Ademais, realizarase baixo carpa, para estar a cuberto en caso de choiva.

Segundo explicou o concelleiro de Deporte, Xuventude e Festas, Asubiar Rodríguez, todos os actos se concentran nesta xornada e na Praza Maior, onde ademais terá instalado un bar para recadar fondos para a comisión de festas e ofreceranse uns petiscos con produtos típicos de Entroido.

O desfile de disfraces, tanto para adultos como o infantil, comezará ás 20.30 horas, e a inscrición poderá facerse entre as 18.00 e as 19.00 horas. Tamén haberá xogos para os máis pequenos.

A partir das 21.00 horas terá lugar a entrega de premios. «Este ano repartiremos en premios máis de 1.200 euros, que aporta o Concello», sinalou o concelleiro.

E a partir das 23.30 horas haberá verbena coa orquestra Capitol e o DJ da Fonsagrada As Wek. Tamén se celebrará un sorteo entre as persoas disfrazadas e un groliño sorpresa gratis.