A provincia de Lugo xa ten máis castelos de propiedade pública que privada

Uxía Carrera Fernández
UXÍA CARREIRA LUGO / LA VOZ

LUGO

Castillo de Doiras, el último en pasar a manos públicas
Castelo de Doiras, o último en pasar a mans públicas CEDIDA

As últimas adquisicións de Doiras e Caldaloba inclinaron a balanza das fortalezas públicas, que son a maioría das mellor conservadas

14 ene 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O patrimonio de Lugo sufriu cambios nos últimos meses. A adquisición de dous castelos por parte da Deputación ou a Xunta inclina a balanza das fortalezas ou castelos de propiedade pública fronte ás de propiedade privada. É sin duda unha boa noticia para os Bens de Interese Cultural da provincia, xa que case todos dos nove públicos están perfectamente conservados e practicamente os oito privados están en mal estado.

Os nove públicos

CASTELO DE DOIRAS

O último cambio. Leste mesmo mes, a Deputación de Lugo e o Concello de Cervantes asinaban o convenio de compra do castelo do século XV por 960.000 euros. A pesar de estar en mans privadas, a Fundación Xosé Soto de Fión acondicionara o monumento para abrilo a visitas, que se poden realizar os sábados, domingos e festivos. Aínda así, as dúas administracións públicas fixéronse coa propiedade para potencialo máis turísticamente.

Fortaleza de caldaloba

Á espera de mellora. A outra incorporación recente á lista de bens públicos foi a Torre de Caldaloba, en Cospeito . No 2022, a Deputación comprou unha parcela onde se sitúa así como a metade da fortificación, e a Xunta facíase despois co monumento con vistas as recuperalo, xa que presenta un deteriorado estado. Polo momento, anunciáronse algúns labores como roza, limpeza ou catas arqueolóxicas, que se incluíron nos orzamentos da Deputación para este 2024.

Torre de Torés, en As Nogais
Torre de Torés, nas Nogais ALBERTO LÓPEZ

FORTALEZA DE TORÉS

A ovella negra. A torre das Nogais é a excepción entre os bens públicos. A casa de Medinaceli cedeu a propiedade ao Concello no 2012 por 25 anos. Con todo, ao ser BIC, a súa conservación é custosa e o Concello nunca puido asumir labores de acondicionamento. En varias ocasións foron os veciños os que conseguiron axudas para poder ir mantendo o monumento, que segue en mal estado.

CASTELO DE PAMBRE

Consolidado. A Xunta comprou no 2012 a fortaleza de Palas de Rei aos Irmáns Misionarios dos Enfermos Pobres. Tras unha intensa rehabilitación, desde o 2016 está aberto a visitas, ten exposicións temporais e tamén é sede de eventos ou actos.

ALBERTO LÓPEZ

FORTALEZA DE NARLA

Máis de 40 anos. O monumento de San Paio de Narla foi adquirido pola Deputación de Lugo e desde 1983 converteuse nun museo histórico e etnográfico. A fortaleza foi derrubada nas revoltas Irmandiñas do século XV pero reconstruída de novo. Abre a visitas todos os días da semana, excepto os luns.

TORRE DOS ANDRADE

Parador turístico. A Fortaleza de Vilalba converteuse nun dos principais atractivos do municipio, cunha torre reacondicionada e aproveitada turísticamente.

TORRE DA HOMENAXE

Símbolo. O Concello de Monforte mantén a punto o símbolo do Castelo de San Vicente en Monforte de Lemos. O organismo público musealizó a fortaleza construída entre o XIII e o XV e conta con visitas abertas todo o ano. 

CASTELO DE SAN DAMIÁN

Mellor futuro. O propietario da fortaleza do século XVII é o Concello de Ribadeo. Emprégase maioritariamente como escenario de visitas guiadas, excusiones ou exposicións, pero o ano pasado anunciouse un proxecto de restauración para mellorar as instalacións.

CASTELO DE CASTRO DE OURO

Núcleo turístico. O Concello de Alfoz converteu nun emblema turístico a fortaleza que pertenceu ao Mariscal Pado de Cela. Conserva a torre da homenaxe e é sede de servizos de información turística e un taller artesán de elaboración de zocos.

Os oito privados

castelo de quindous

En proxecto. A fortificación de Cervantes está de actualidade despois de que unha estadounidense comprase o castelo por 225.000 euros para crear un proxecto de escola de cociña. Os Ancares é a comarca por excelencia de castelos e poderá ver recuperado un deles.

LAURA CAMPOS

castelo de navia

Vivenda esquecida. O castelo situado no medio da vila de Navia de Suarna ten a súa orixe no século XI peros a súa última remodelación foi no XX para crear vivendas. Os seus inquilinos xa non están na fortaleza e a maleza e a deterioración ha ir gañando terreo.

FORTALEZA DE SARRIA.

Paralizada. A torre emblema de Sarria por onde os peregrinos abandonan a localidade está paralizada sen plans, despois dun intento errado de compra por parte do Concello á familia propietaria dos Batallón, que tiñan plans para dar un novo uso á torre pero non se chegaron a materializar.

CASTELO DE CASTROVERDE

Condicionado por un herdeiro. O Concello de Castroverde leva anos intentando conseguir a propiedade da torre, dividida entre varios membros da familia herdeiras. Todos asinaron xa a súa cesión menos unha persoa, sen a que non poden facerse co monumento. Polo menos o goberno local intenta rozar e acondicionar os arredores, para que non se deterioren como a propia torre.

castelo de carbedo

Único no Courel. Os restos da fortaleza de Folgoso seguen en mans privadas tras intentos errados do goberno local para contactar con parte dos herdeiros. O Concello ocúpase de acondicionar a contorna, pero a construción permanece abandonada.

FORTALEZA DE AMARANTE

En venda. O pazo está en venda por un millón de euros. Parte da fortaleza de Antas de Ulla está reformada. O goberno pediu en varias ocasións que se abrise ao público.

CASTELO DE PARGA

Abandono. Na parte alta da vila de Guitiriz consérvase só unha parte da fortaleza do século XV, que está totalmente abandonada polos seus donos. O Concello, pola súa banda, anunciou a realización de obras de mellora na contorna.

Castillo de Parga
Castelo de Parga ALBERTO LÓPEZ

FORTALEZA DE TOVAR

A mellor excepción. Este pazo de Lourenzá é unha bo exemplo de xestión privada. Foi totalmente restaurado, está aberto a visitar e alberga o Centro de Interpretación de loa Pazos Galegos.

TORRE DE DONCOS

Sen dono. A torre do concello das Nogais segue agardando, desde hai anos, uns mínimos labores de acondicionamento porque non ten un dono claro, ao decatarse o Concello de que non figuraba na súa lista de bens nin tampouco entre as da familia Alba.