O acordo permite usar os espazos do palacio, Ben de Interese Cultural, para expor os fondos artísticos e culturais do municipio. A primeira exposición mostrará a produción de vidro e louza da Industria e A Asturiana
A Consellería de Cultura, que asegura ter recibido o informe municipal o martes, afirma que ambas as Administracións perseguen «darlles a máxima protección patrimonial baixo o interese común de garantir a súa integridade, a súa permanencia na cidade e o acceso público»