Unha cabalgata feminista en vilas de Lugo e da Coruña: tres mulleres farán de magas

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS VILALBA / LA VOZ

LUGO

Las reinas irán de una parroquia a otra en coche.
As raíñas irán dunha parroquia a outra en coche. cedida

Parroquias de Xermade, de Guitiriz, de Aranga e de Monfero terán a visita real na mañá do día 6

06 ene 2024 . Actualizado á 14:03 h.

Nin reis nin día 5. Parroquias de Lugo e da Coruña terán unha cabalgata de Reis Magos á que pode poñérselle a etiqueta do feminismo, aínda que non será esa a única diferenza co resto de desfiles. En primeiro lugar, non haberá cabalgata de Reis Magos senón de Raíñas Meigas: tres mulleres realizarán ese papel. En segundo, a súa visita a distintos pobos non se fará na tarde deste venres senón na mañá do sábado.

Onde se vivirá esa peculiar representación será en senllas parroquias de Xermade (Momán) e de Guitiriz (Labrada), así como noutras dos concellos coruñeses de Aranga (Cambás) e de Monfero (Ou Val de Xestoso e O Alto de Xestoso). O protagonismo corresponderá a nais de nenos que preparan a primeira comuñón nesa zona, e para ir dunha parroquia a outra tampouco se moverán nas máis ou menos vistosas carrozas deseñadas para estas festas: irán en coche, co que as inclemencias meteorolóxicas afectarán un pouco/pouo menos.

Quen está detrás desta celebración é o sacerdote Luis Rodríguez Patiño. O cura é coñecido por pronunciamientos públicos que a miúdo difiren abertamente dos da xerarquía, aínda que iso non lle impide, por exemplo, mostrar unha declarada e coñecida admiración polo actual Papa. Rodríguez Patiño monta, cada Nadal, un belén en Momán no que adoitan verse explícitas referencias a problemas da actualidade: no deste ano, por exemplo, critícase a actitude de Israel no actual conflito de Oriente Medio.

Aínda que a presenza de mulleres, que xa outros anos interviñeron nos papeis máis importantes da cabalgata, resulta quizá rechamante, o párroco bota man da historia: di que a Biblia non concreta que fosen reis nin que fosen tres, e mesmo cita unha obra de Gloria Fuertes na que aparecen Melchora, Gaspara e Baltasara.