Homenaxe e repaso en Lugo á traxectoria de Paco Pestana

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Paco Pestana
Paco Pestana ALBERTO LÓPEZ

Haberá unha tarde de charlas e debates o día 23 no Vello Cárcere

18 oct 2023 . Actualizado ás 12:19 h.

Luns 23 • Desde as 16.00 horas • O Vello Cárcere (Lugo) • 

O Consello da Cultura Galega organiza para o luns unha xornada de homenaxe e revisión da traxectoria do artista Paco Pestana, que faleceu en outubro do 2021, «un creador referencial para entender o desenvolvemento da escultura en Galicia nas últimas décadas do século XX».

Haberá charlas e mesas redondas con Juan Manuel Bonet, Santiago Catalán (arquitecto), Jorge Espiral (director da Galería La Catedral), Miguel Anxo Macía (pintor e profesor), Juan Lomarti (escultor) e Rosario Sarmiento (historiadora e xestora cultural).

Ademais, ás 18.45 terá lugar a proxección fotográfica «Oito miradas sobre Paco Pestana», coordinada por Xurxo Lobato, con imaxes de Eduardo R. Ochoa, Pepe Álvez, José Reigosa, Xosé Manuel Otero, Carlos L. Valcárcel, Luis Engroba, Xosé Marra e Pedro Agrelo. Por último, ás 19.30 horas haberá unha visita guiada á obra de Pestana na colección permanente do Museo Provincial de Lugo, a cargo da súa directora, Aurelia Balseiro