Concertos e exposicións seguen homenaxeando a Xela Arias en Lugo

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Exposición «Aquela nena de Sarria» en A Pobra de San Xiao
Exposición «Aquela nena de Sarria» na Pobra de San Xiao CEDIDA

O grupo de zanfonas da Tradescola actuará ao pé da mostra «Xela Arias. A poesía do retrato»

16 jun 2021 . Actualizado ás 13:24 h.

Concertos e exposicións continúan homenaxeando en Lugo a Xela Arias. Así, a Tradescola porá música nesta xornada ao seu final de curso, pero tamén á exposición que aínda pode verse na Praza de San Marcos sobre Xela Arias. Por unha banda, en celebraranse os concertos de fin de curso de gaita infantil e xuvenil, ás 17.30, e de zanfona , ás 20.00 horas. Por outra banda, en San Marcos haberá unha nova sesión de , Sons da Tradescola para Xela Ariasás 20.00 horas, co grupo de zanfonas. Encargaranse de pór música á mostra Xela Arias. A poesía do retrato, con fotografías de Xulio Gil e poemas da autora sarriá, que pode verse en Lugo ata o día 21.

En pódese visitar o centro cultural e as súas exposicións, con quendas especiais para visitas por libre: ás 11.15, 12.30, 17.00, 18.15, 19.30 e ás 20.45 horas. Tamén continúa Construíndo memoria, un obradoiro divulgativo para ampliar os contidos da exposición permanente do centro, O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra. Será ás 19.30 horas e está dirixido a público adulto. Son actividades gratuítas, pero hai que reservar previamente no 982 297 195.

Tamén continúa nos Codex Cinema o ciclo dedicado a David Lynch, con Mulholland Drive e Cabeza borradora, ademais de Gaza mon amour.

A maiores, o proxecto Xadrez non Camiño, impulsado por Xaquedrum, continúa nos centros educativos da provincia co obxectivo de fomentar o xadrez entre os lucenses. As actividades chegarán o xoves 17 ao IES Leiras Pulpeiro de Lugo e ao CPI Uxío Novoneyra de Pedrafita do Cebreiro.

«Aquela nena de Sarria » chega ao colexio da Pobra de San Xiao

A exposición itinerante «Aquela nena de Sarria» chegou ao CPI Ramón Piñeiro, da Pobra de San Xiao. Trátase dun proxecto desenvolvido polo Colectivo Egeria para dar a coñecer a figura de Xela Arias, a quen se lle dedican as Letras Galegas. A mostra está formada por doce paneis, nos que se reflicte a infancia de Xela en Sarria e Lugo, e o seu amor polo rural, o idioma e o seu empeño en que se recoñecese Xela como o seu nome real. Complétase con poemas dirixidos a Xela polos alumnos dos institutos sarriáns Xograr Afonso e Gregorio Fernández, por poetas de Sarria e doutros puntos de Galicia. Tamén se mostran fotografías e debuxos.