O Supremo anula a vella licenza da canteira de Triacastela, pero non afecta o seu funcionamento

LA VOZ LUGO

LUGO

Cantera de Vilavella en Triacastela
Canteira de Vilavella en Triacastela ALBERTO LÓPEZ

Cementos Cosmos conta cun novo título desde o 2018 que permite a actividade

18 dic 2020 . Actualizado á 13:25 h.

O Tribunal Supremo non admitiu a trámite o recurso de casación que presentou a empresa Cementos Cosmos. A empresa recorrese á sentenza de anulación da licenza da canteira do 2014. A zona de extracción de áridos de Vilavella foi denunciada por dous colectivos ecoloxistas ao xulgado Contencioso de Lugo no 2017 e recorrida polo Concello e a empresa Cementos Cosmos no seu momento. Este organismo xudicial declarou entón a anulación da licenza elaborada no 2014 por atoparse a canteira en chan protexido. Posteriormente, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou a mesma sentenza. Cementos Cosmos recorreu entón ao Tribunal Supremo, que acaba de denegar o trámite. Por tanto, queda anulada a licenza do ano 2014 que aludía a temas urbanísticos.

Esta decisión non afecta o funcionamento actual da canteira porque a empresa Cosmos conta cunha nova licenza desde mediados do 2018, amparado pola Lei do Solo de Galicia que lle habilita poder manter a actividade da canteira. Ademais, tamén ten os permisos da Confederación Hidrográfica, de Minas e de Cultura por estar próxima a Cova Eirós.