«Alita»: Unha pena de entretemento

LUGO

A última película de Robert Rodríguez xa se pode ver nos cines Abella

23 feb 2019 . Actualizado ás 16:00 h.

2019?• Estados Unidos • Robert Rodriguez• Rosa Salazar, Christoph Waltz, Jennifer Connelly, Jackie Earle Haley, Mahershala Ali• Robert Rodriguez se ha ir gañando a fama de director comercial, ás veces con excesos, pero que foi capaz na pasada década de ofrecer unha película excelente, «Sen city, cidade do pecado», porque partindo dun clásico do cómic de Frank Miller, deixaba de lado o compoñente espectáculo para entregarse a unha negrura e corrupción humana que a facían elevar á excelencia.

«Alita», versión dun clásico xaponés dos noventa, ademais de esteticamente afastarse de Frank Miller, segue a técnica do «Avatar» de James Cameron, produtor e guionista desta obra de Rodriguez, o que para min acaba sendo precisamente o lastre. Así, ante un puñado de boas ideas visuais e indicios dunha historia sobre un futuro bastante menos asollado do que aparece ao principio, a película navega por culpa dun guion carente de ambición e onde os personaxes non deixan de ser senón esbozos, caricaturas. Ata tal punto acaba sendo apática a historia, que actores extraordinarios aquí se mostran insulsos e sen alma, véxase o caso do sempre magnífico Christoph Waltz.

«Alita» é puro espectáculo visual, con referencias tan dispares a clásicos como «Blade Runner», «Ben-Hur», «Frankenstein», «Metropolis» ou «Rollerball», pero do que por desgraza se afasta de todos eles para entregarse ao artificio sen alma. Unha pena desperdiciar tanto diñeiro e talento.

•Cines Abella •