Cosmos achega 30.000 euros para o estudo e conservación de Cova Eirós en Triacastela

LUGO

CEDIDA

A iniciativa forma parte dunha serie de medidas para garantir o bo estado da gruta

18 nov 2016 . Actualizado á 17:39 h.

Cementos Cosmos instalou sensores de humidade, temperatura e presión atmosférica para monitorar o estado do xacemento prehistórico de Cova Eirós en Triacastela. Esta iniciativa forma parte do paquete de medidas para garantir a conservación da gruta. Estas medicións súmanse aos estudos semestrais que os especialistas realizarán sobre o estado das pinturas rupestres da cova.

As actuacións supoñen un investimento de 30.000 euros e perseguen preservar o enclave de interese arqueolóxico situado dentro dos límites da canteira da empresa en Triacastela.

O control das condicións internas de Cova Eirós pretende asegurar que os traballos mineiros con compatibles coa conservación e estudo do xacemento prehistórico. Os labores de supervisión son realizadas pola Xunta e cofinanciadas pola cementeira, corren a cargo dun equipo de arqueólogos e restauradores expertos na materia, así como de Pedro Jiménez, directod de xeoloxía e exploración de recursos da empresa de enxeñería CRS.

Cementos Cosmos está comprometido con co patrimonio histórico de Cova Eirós. Un dos primeiros conselleiros da empresa, Isidro Parga, impulsou os primeiros estudos arqueolóxicos e fomentou a colaboración con distintas universidades. Cosmos instalou a finais da década dos 90 diversas medidas de protección para frear a deterioración da cova que fora utilizada tradicionalmente para gardar gañado e tamén sufrira actos vandálicos como grafitis ou inscricións nas paredes.