A nova edición do certame gastronómico celebrarase entre o venres e o sábado
12 mar 2026 . Actualizado á 13:06 h.Sete establecementos participan na nova edición do concurso de tapas organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada, que se celebrará entre o venres e o sábado. Durante estas dúas xornadas, os negocios participantes ofrecerán as súas preparacións de 19.00 a 23.00 horas. Serán os propios clientes quen elixa ao gañador, votando mediante cartóns que lles serán facilitadas nos establecementos participantes. Así mesmo, os clientes poderán participar nun sorteo de agasallos.
Os negocios que toman parte nesta edición son: Restaurante Urdi —cunha tapa chamada «rulo de beicon e queixo con salsa de mel»—, Cafetería Scala —con «cordon bleu con salsa doce»—, Cafetería Santa Lucía —con «bocado de porco»— Bar Asador Mencía —con «se che gusta, sábeche ben!»—, Café Bar Mario —con «musakiñas»—, Bar Cafetería Devezo —con «tosta de pemento recheo»— e Café Bar Ou'Rian, con «a miniburguer do Rian».
O gañador do concurso será o establecemento que acumule un maior número de votos e darase a coñecer o próximo día 18. A asociación organizadora conta co apoio do Concello de Taboada e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería, dentro da súa campaña «E para comer, Lugo».