A sexta edición do QuiMedo celebrarase o próximo día 25
20 oct 2025 . Actualizado a las 17:03 h.A sexta edición de QuiMedo, a «festa do terror» de Quiroga, conta xa con 1.200 persoas inscritas. O programa do festexo, que se celebrará o próximo día 25, foi presentado este luns por membros da asociación organizadora, o alcalde José Luis Rivera, e o segundo tenente de alcalde, Xosé Manuel Fernández. En canto ás entradas, segundo explican desde o Concello, xa só queda «un pequeno número que se reserva para poñer á venda o propio día 25, dúas horas antes do comezo do percorrido».
O festexo, como en anteriores edicións, consistirá nunha ruta por un «gran túnel do terror» polo casco urbano de Quiroga e o a localidade de Pacios do Mondelo. O percorrido discorrerá por oito «casas do terror» nas que actuarán máis de cen voluntarios. «Pero non só nas casas, senón tamén no percorrido para chegar a elas pode haber sorpresas», precisan os organizadores. Os nomes das casas que formarán parte da ruta son «A monxa», «O espantallo», «O taller da morte», «Piratas 2», «O inferno», «O último de nós», «Mac Guarro» e «Survival. O labirinto».
O pavillón municipal, onde estará a base das actividades, abrirá ás 19.00 horas para que os líderes de cada grupo poidan achegarse a recoller as pulseiras que permitirán acceder ás casas. Ao mesmo tempo comezará neste lugar unha festa infantil na que poderán participar todos os nenos que o desexen sen necesidade de inscrición. O tempo previsto para o percorrido polas «casas do terror» é de tres horas. Unha vez terminada a ruta haberá no pavillón unha festa animada por DJ Pablo,