Arrincou o campus do Lugo no Saviñao

Luis conde MONFORTE / LA VOZ

O SAVIÑAO

CEDIDA

Participan un total de 21 nenos

01 jul 2025 . Actualizado á 18:09 h.

Arrincou o campus do Lugo no Saviñao. E fíxoo cunha gran resposta, xa que son 21 os nenos que participan nestas xornadas de formación. «Estamos moi contentos de acoller este campus, porque estamos a falar do Lugo, todo un referente do fútbol galego. Péquelos pásanllo en grande, gozan e aprenden», comenta Diego Rodríguez, directivo do Atlético Escairón.

A idea é que este campus teña continuidade. «Agardamos que o ano que vén inscribir máis nenos», engade.

O directivo do club do Saviñao quere agradecer o respaldo que reciben dalgún establecemento comercial de Escairón. «Quero facer unha mención especial a Laura, de Súpers Día polo esforzo e o tempo que lle dedica a este evento. Está pendente de todo: froita, auga e demais. Sempre buscando o mellor para os nenos, a pesar da calor reinante», di Rodríguez.

Por outra banda, o Atlético Escairón celebra este venres ás nove da noite en segunda convocatoria a súa asemblea xeral de socios. Será no local social do campo municipal do Saviñao. A directiva presentará o estado de contas e o estado deportivo. Neste ámbito, o club non logrou o obxectivo, xa que descendeu de categoría.

Tamén se dará conta aos socios de altas e baixas na xunta directiva. A masa social espera recibir información do novo proxecto deportivo. Agarda que o consello directivo informe do nome do novo adestrador, así como do estado actual do persoal. Queren un proxecto ilusionante.