Un incendio nunha tixola causa danos na cociña dun piso en Chantada

La Voz CHANTADA / LA VOZ

CHANTADA

Los bomberos de Chantada en un desplazamiento a causa de un incendio urbano
Os bombeiros de Chantada nun desprazamento por mor dun incendio urbano CARLOS CORTÉS

Os ocupantes do piso conseguiron atallar as chamas antes da chegada dos bombeiros

16 dic 2023 . Actualizado ás 13:45 h.

Unha densa fumareda invadiu as zonas comúns dun edificio de Chantada durante a noite do venres a causa do lume que prendeu nunha tixola na cociña dun dos pisos. No seu interior estaban tres persoas que conseguiron frear as chamas, que se estenderon á campaña extractora e a parte do mobiliario, antes da chegada dos bombeiros. Ningún deles tivo que recibir atención nun centro sanitarios, segundo informa Emerxencias de Galicia.

O incendio produciuse nun edificio situado na avenida de Ourense e foi unha das oito alertas que recibiu o 112 en diferentes puntos da comunidade por lumes declarados en vivendas entre a noite do venres e a madrugada do sábado.