A xente de Furco sabe organizar festas

La Voz CHANTADA / LA VOZ

CARBALLEDO

Unha imaxe do xantar que tivo lugar na romería de Furco, ao que asistiron unhas 130 persoas
Unha imaxe do xantar que tivo lugar na romaría de Furco, ao que asistiron unhas 130 persoas CEDIDA

Dúas asociacións colaboraron para recuperar a súa romería e xuntaron máis xente que veciños ten esta parroquia de Carballedo

19 jun 2023 . Actualizado ás 13:12 h.

A parroquia de Furco ten ao redor de 80 veciños, pero é capaz de xuntar moita máis xente na súa romería anual. Celebrouse hai uns días e na súa organización participaron dúas asociacións locais, a de mulleres y a de veciños. «Facemos a romería para xuntar a toda a parroquia, porque Furco é unha parroquia moi unida», explican os organizadores. A romería de Furco comezou a se celebrar hai uns anos, pero no tempo da pandemia houbo que deixala en suspenso. Este ano, superados eses problemas, os veciños decidiron que había que retomala e darlle continuidade. O resultado foi unha festa á que asistiron aproximadamente 130 personas, entre eles unha vintena de nenos. Houbo unha comida a base de polbo, empanada e churrasco. Os veciños convidaron a representantes do Concello de Carballedo e tamén do de Chantada, o municipio veciño. Na festa estiveorn os dous alcaldes, Julio Yebra-Pimentel e Manuel VArela, ademais de concelleiros dos dous ao alcalde de Carballedo.