
Sara Inés Varela logrou tres medallas e Xoel Fernández alzouse cunha
25 ago 2025 . Actualizado á 15:59 h.As mozos promesas deron a talla no campionato de España por autonomías. Contribuíron de xeito decisivo á consecución do terceiro posto de Galicia. Unha das grandes protagonistas deste Nacional foi Sara Inés Varela, que coroou un verán ao grande. A piragüista do Quixós conquistou dúas medallas de ouro. Unha logrouna en K-1 cadete e a outra foi en patrullas C-1. Completou a súa exitosa participación neste campionato de España coa medalla de prata en patrullas en K-1.
Pola súa banda, Xoel Fernández, asinou un mes de agosto de matrícula de honra. E é que no seu debú nos diferentes campionatos de España que disputou conseguiu medalla. A última foi esta fin de semana coa selección galega. Logrou o metal de bronce en patrullas en K-1. E o domingo foi cuarto en Kaiak Cros.
Por equipos, Galicia foi terceira con 314 puntos. O equipo campión do Nacional foi o Vasco con 372 puntos, mentres que a segunda praza recaeu en Cataluña con 371.