O San Francisco Teo arrasa no torneo Ribeira Sacra de kárate

Luis conde MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

CEDIDA

05 jul 2025 . Actualizado á 22:20 h.

Carballedo estivo á altura. O Concello albergou este sábado o primeiro campionato internacional de kárate Ribeira Sacra, competición na que se deron cita un total de 250 participantes.

O San Francisco Teo foi o club dominador desta cita. E é que este conxunto conquistou nada menos que dezaseis medallas. Foron nove metais de ouro, cinco pratas e dous bronces.

O segundo equipo que máis medallas obtivo foi o Grupo Bazán de Ferrol, con dezaseis. Dous adxudicáronllas de ouro, seis de prata e oito de bronce.

O Kárate do Carballo foi o terceiro club que máis medallas conquistou. En total foron quince. Catro metais de ouro, seis de prata e cinco bronces.

Polo que respecta á representación da zona sur de Lugo, esta correu a cargo do Chantada Kárate Club. Foron tres as medallas que lograron: un ouro e dúas pratas.

A competición foi todo un éxito. E é que á excelente resposta de participantes, hai que unir a expectación que causou. Numeroso público arroupou aos deportistas. Ao final do campionato levou a cabo o acto de entrega de medallas, no que estivo o alcalde de Carballedo, Julio Yebra.