Catro novidades e 785 prazas: estes son os ciclos formativos que se poderán estudar en Monforte no curso 2025-2026

LEMOS

A Pinguela será o único centro de Galicia con tapicería e cortinaje, o Daviña Rey reforza as especialidades de telecomunicacións e sistemas electrotécnicos e o Río Cabe estrea a titulación de xestión de aloxamentos turísticos
05 jun 2025 . Actualizado á 13:55 h.Os institutos de Monforte ofrecerás 785 prazas de formación profesional no curso 2025-2026. Esa cifra supón un incremento dun 20% sobre a do curso actual. Esa subida sae fundamentalmente da implantación de catro ciclos novos, dous no instituto A Pinguela, un no Daviña Rey e outro no Rúo Cabe. Cada un destes tres centros reforzan con eses novos ciclos as familias profesionais nas que levan anos especializándose. Na Pinguela, por exemplo, un deses novos ciclos consolida o seu papel como referencia na formación profesional para traballar na industria do calzado.
Os tres institutos de Monforte terán o ano que vén a maior oferta de formación profesional da súa historia. As 785 prazas dispoñibles para estudar ciclos son 135 máis que as do curso actual.
A súa distribución por niveis di que 328 son de ciclos superiores, 327 de ciclos medios e 90 de ciclos básicos. Hai ademais corenta de cursos de especialización, as corenta no instituto Daviña Rey.
No instituto A Pinguela, que ten 14 ciclos na súa nova oferta educativa, presentan dúas novidades: un básico de tapicería e cortinaje e outro superior de deseño de confección e moda combinada con parte do ciclo de calzado e complementos de moda. «Os dous ciclos novos —explica Enrique Sampil, o director do IES A Pinguela— son da familia de téxtil, e este instituto foi o primeiro de Galicia que implantou o ciclo superior de deseño de calzado e agora volver ser o único en ter o de tapizaría». Sampil explica que se trata dunha formación con demanda e con mercado e que habilita para «traballar en empresas do sector e tamén para que o alumnado que o prefira se estableza pola súa conta».
No caso do IES Daviña Rey, a novidade do curso que vén é o ciclo combinado de sistemas de telecomunicacións e informática e sistemas electrotécnicos e automatizados. A súa directora, Raquel Aira, explica que esta vez quixeron «ampliar nas especialidades que xa tiñamos» e anticipa que o ano que vén pensarán en intentalo en familias profesionais novas.
O IES Río Cabe, pola súa banda, incorpora un novo ciclo de grao superior, o de xestión de aloxamentos turísticos. Impartirase con prácticas en empresas hoteleiras da Ribeira Sacra. Carlos Parada, o director, está satisfeito por poder reforzarse como centro especializado na formación en turismo.
Oferta completa de ciclos de FP en Monforte. Curso 2025-2026
IES A PINGUELA
Grao básico
- Tapicería e cortinaje (novo)
- Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel
- Servizos administrativos
Grao medio
- Confección e moda 22 xeneral
- Estética e beleza 22 xeneral
- Peiteado e cosmética capilar 22 xeneral
- Sistemas microinformáticos e redes 30 xeneral
- Xestión administrativa 30 xeneral
- Confección e moda e calzado e complementos (novo) (modular)
Grao superior
- Desenvolvemento de aplicacións web
- Asistencia á dirección 30 (modular)
- Administración e finanzas (dual)
- Deseño e produción de calzado e complementos (dual)
- Estilismo e dirección de peiteado (dual)
IES DAVIÑA REY
Grao básico
- Electricidade e electrónica
- Mantemento de vehículos
Grao medio
- Atención a persoas en situación de dependencia (novo)
- Coidados auxiliares de enfermería
- Coidados auxiliares de enfermería (dual)
- Electromecánica de vehículos automóbiles
- Instalacións de telecomunicacións
Grao superior
- Educación infantil
- Sistemas de telecomunicacións e informáticos
- Sistemas de telecomunicacións e informáticos + sistemas electrotécnicos e automatizados (dual)
- Curso de especialización
- Ciberseguridade en tecnoloxías de operación (curso de especialización)
- Sistemas de sinalización e telecomunicacións ferroviarias (curso de especialización)
IES Río Cabe
Grao medio
- Técnico deportivo 30 xeneral
Grao superior
- Xestión de aloxamentos turísticos (novo) (dual)
- Guías, información e asistencia turística (modular)