Sete deportistas do Neka clasifícanse para o campionato de Europa de Estonia

LUIS CONDE MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

cedida

22 feb 2025 . Actualizado á 19:38 h.

O Neka clasificou a sete taekuondistas para o campionato de Europa que se disputará o próximo mes de abril en Estonia. Os rexistros que cultivaron as mozos promesas de José María Vega no campionato de España por autonomías que se disputou este sábado en terras alacantinas propiciaron esta clasificación.

Foron nove as medallas que conquistaron os taekuondistas monfortinos, que lle deron así o título de campioa de España á selección de Galicia.

En individual, Álex Camba e Laura Álvarez alzáronse coa medalla de prata, mentres que Lucía Roca obtivo o metal de bronce. Inés Casal caeu eliminada na rolda clasificatoria.

Por parellas, Laura Álvarez e Dani Areán, e Lucía Roca e Aitor Teijeiro alzáronse co metal de ouro, mentres que Carlos Rey, que competiu con Di Martino foi bronce. E o trío formado por Carlos Rey, Álex Camba e Marco García levaron o ouro. Aitor Teijeiro tamén logrou un ouro. O dúo inclusivo formado por Carlos Rey e Paula Treus tamén acabou primeiro.