O atletismo monfortino está de parabén. E é que o equipo da Gándara proclamouse campión galego de cros na categoría cadete feminina. O conxunto composto por Sabela Nieves, Sara Pérez, Alba Lois, Alexia Sánchez e Claudia Carballal o bordaron neste autonómico, e impuxéronse aos seus opoñentes con solvencia.
A consecución deste título permitiu alzarse coa primeira praza e dese modo resarcirse do resultado da anterior fin de semana na Rúa, localidade na que acabaron segundo. Gañar o título permite clasificarse para o campionato de España. As mozos promesas que prepara Rubén Macaná demostraron unha vez máis o talento que atesouran.
No apartado individual, os corredores do Saviñao Ismael Rodríguez e Sabela Nieves conquistaron o subcampeonato galego na categoría cadete. Deste xeito lograron unha praza para disputar coa selección galega o campionato de España de cros por federacións. Disputarase os próximos días 24 e 25 en Xetafe. Sara Pérez Pallín en sub-16 e Iker Fernández Codesido en sub-20 tamén lograron a súa praza para ir coa selección galega.
Desde o Club A Gándara valoran moi positivamente os resultados que conseguiron os seus mozos promesas no que vai de tempada. Ademais as categorías inferiores do club monfortino acudirán este domingo ao campionato galego de cros que se celebrará na Pobra do Caramiñal.