O conselleiro do Celta desexa como celtista que oxalá Iago Aspas renove «un ano máis, polo menos»
06 may 2026 . Actualizado á 05:00 h.O conselleiro do Celta Miguel Álvarez, que leva de preto o proxecto do club en Senegal, interveu onte no acto de firma do convenio entre o club, HASF Acadèmie Celta e Parcelles Assainies. Tras el, tamén deu unhas veces pinceladas sobre a actualidade do primeiro equipo celeste, marcada pola vitoria ante o Elxe e as opcións de que o cadro de Claudio Giráldez poida repetir clasificación europea en forma de Conference: «Estamos con moitísima ilusión, coa mesma de sempre, de todo o ano e convencidísimos que de que o equipo vai pelexar e vai ser competitivo de aquí a final de tempada».
Sobre a decisión de Iago Aspas, non daba ningunha pista, preguntado por mantense o optimismo expresado por Garcés en varias ocasións nas últimas semanas e sobre se pode haber noticias pronto. «Vou responder como celtista: oxalá continúe un ano máis, polo menos».
Unha vitoria segura
Álvarez sinala que o de Senegal é «un proxecto que emociona a todo o club», no que todos están implicados e que é «unha vitoria segura». «Éo polo impacto que podemos chegar a ter alí se imos da man das autoridades e a comunidade locais, que son quen nos vai a dicir como lles podemos axudar. Cando un quere axudar, hai que preguntar e escoitar antes de actuar», apunta.
Pero non só se trata do que dan, senón tamén do que reciben e como lles enriquece. «Se queremos que cando os xogadores chegan aquí síntanse como na casa, temos que ir alí, coñecernos e gozar xuntos».