O equipo de Fredi Álvarez derrota a un rival directo e enlaza dous triunfos
30 nov 2025 . Actualizado á 23:29 h.Remontada e segundo triunfo consecutivo para unha Celta Fortuna que se agarra á segunda posición da táboa tras vencer por 1-2 no campo do Avilés. Aínda que o conxunto asturiano foi durante a maior parte do encontro o que mostrou máis ambición e máis argumentos futbolísticos, foi o o filial o que decantou a balanza ao seu favor nos últimos instantes grazas ao gol de Óscar Marcos, que marcaba por segunda xornada consecutiva e despois de que Hugo González empatase de falta directa.
O Avilés entrou mellor ao partido, dominou no centro do campo, acelerou por bandas e xerou as oportunidades máis perigosas, atopando premio a ese bo inicio co gol de Babin, que rematou de cabeza un balón servido con precisión, un 1-0 que facía xustiza ao que se estaba vendo e que reforzou a sensación de que o Avilés estaba un punto por amais, obrigando a unha Celta Fortuna incómodo, desordenado e sen fluidez a protexerse e agardar o seu momento.
Chegou cando atoparon nunha falta directa a súa vía de escape, un lanzamento de Hugo González executado con potencia e precisión que sorprendeu ao gardameta avilesino e estableceu o 1-1. O Avilés acumulara chegadas, centros laterais e segundos balóns que puxeron en aprietos ao filial celeste, que durante tramos do encontro sobreviviu máis por inercia que por convicción.
O golazo de Hugo González para a Celta Fortuna vs. Avilés! pic.twitter.com/gfgcfurv4e
— Bancada de Río (@gradaderio) November 30, 2025
Os locais seguiron insistindo, convencidos de que o partido estaba ao seu alcance, e foron encadeando ocasións que, con todo, non lograron converter. Esa falta de acerto foi, a longo prazo. A Celta Fortuna fixo o 1-2, un gol que caeu como un xerro de auga fría na bancada e sobre un Avilés que non podía crer que se lle escapase o partido. Un golpe duro que, ademais, derivou nun tumulto no banco local, froito da tensión acumulada, as protestas e a frustración, o que desembocou en dous expulsados dos asturianos.
É a oitava vitoria en catorce xornadas para unha Celta Fortuna que completa o seu balance con tres empates e tres derrotas e que é o terceiro equipo máis goleador da categoría tras o líder, o Tenerife, e o propio Avilés. Contra o Tenerife sufriran os vigueses fai dúas xornadas a súa peor derrota da tempada, por 4-0, da que souberon reporse da mellor forman, sumando desde entón os seis puntos polos que competeron. Na próxima xornada, e en escenario aínda por confirmar, recibirán ao Pontevedra.
Ficha técnica
AVILÉS - 1: Álvaro Fernández, Babin, Bautista, Álvaro Santamaría (Cueto, min 85), Raúl Rubio, Borja Granero (Chukwuma, min 72), Alberto Cayarga, Algassimo Bari (Guzmán Ortega, min 78), Álvaro Gutiérrez, Eduard Campabadal, Menéndez
CELTA FORTUNA - 2: Coke Carrillo, Jaime Vázquez, Hugo Burcio, Pablo Meixús, Hugo González (Mbaye, min 72), Álvaro Marín, Jan Oliveras (Gavián, min 58), Adrià Capdevila (David De la Iglesia, min 79), Somuah (Ángel Arcos, min 58), Germain Miller, Anxo Rodríguez (Óscar Marcos, min 72),
GOLES: 1-0, min 29: Babin; 1-1, min 38: Hugo González; 1-2, min 90: Óscar Marcos.
ÁRBITRO: Francisco Crespo Puente (Colexio Cántabro). Cartóns amarelos a Borja Granero, Óscar Menéndez, Kevin Bautista, Pablo Meixús, Anxo, Capdevila, Oliveras, Gavián, Óscar Marcos Tarjeta vermella aos técnicos Joaquín Alonso e José Luis Deus.