Miguel Román: «Imos darlle volta a esta mala dinámica porque somos un equipo da hostia»
BANCADA DE RÍO
O centrocampista gondomareño lamenta perder nunha acción a balón parado e tras «levar a cabo o pan de partido á perfección»
30 nov 2025 . Actualizado á 20:45 h.O futbolista de Celta Miguel Román non ocultaba á conclusión do partido no que caeron fronte ao Espanyol en Balaídos (0-1) que os célticos quedaron «fodidos». «Como imos estar cando levamos a cabo o plan de partido á perfección, estivemos moitísimo tempo en campo rival. Cando fas tantas cousas ben e no 80 longo métente en balón parado, estamos amolados, obviamente», expresaba.
O gondomareño afirma que sabían que o conxunto perico é «un equipo duro, un grande equipo que ten as cousas ben traballadas». «Sabiamos das súas fortalezas, intentamos combatelas, non fomos capaces, e o duelo decantouse para eles», comentaba o centrocampista, que foi titular fronte aos de Manolo González.
En canto ao feito de que se resista a primeira vitoria na casa, comenta: «O fútbol son dinámicas; agora estamos nunha de perder tres partidos seguidos, pero imos darlle a volta porque somos un equipo da hostia». En declaracións aos medios do club, expresábase na mesma liña: «Queremos gañar aquí para a afección, que cada fin de semana dá o 100 %». E engadía que é tempo de pensar na Copa: «Ao ter un partido cada tres ou catro días, non dá tempo a recriminarse nada nin pensar nos erros, senón no xoves».