Borja Iglesias: «Que dicir de Iago, é o mellor»

LA VOZ VIGO

BANCADA DE RÍO

M.Moralejo

O dianteiro do Celta mostrouse feliz polo triunfo ante o Niza e por participar na acción do segundo gol celeste

24 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O dianteiro do Celta Borja Iglesias, protagonista da acción do segundo gol do equipo fronte ao Niza, comentaba tras o encontro que «sempre custa gañar», pero mostrábase «contento pola vitoria, e máis na casa, coa xente», unha afección da que dicía que estivo «incrible, como sempre».

 En canto á acción que remata co segundo gol do seu equipo -aínda que a autoría foi en propia porta-, comenta que intentaba «estar nesa posición cando eles estaban en bloque baixo e suxeitar aos centrais para poder gañar situacións de centro». E aínda que destaca que o rival defendeu ben cun home menos, admite que Mingueza viulle « ben» e tivo a «sorte no rebote» de que o balón entrase.

Preguntado por Iago Aspas, contesta cun «que dicir», pero engade: «Para nós é un luxo convivir con el a diario. Iago as un futbolista moi competitivo, sempre está a axudar. É o mellor», algo que logo expresou do mesmo xeito o compostelán a través das redes sociais.