Iago Aspas foi o mellor dos celestes nunha noite redonda
23 oct 2025 . Actualizado á 23:56 h.O mellor | Iago Aspas | 8
Marcou un golazo e liderou ao equipo, como fixera nos 533 partidos anteriores.
Radu | 6
Fixo unha boa parada co 1-1 no marcador. Cumpriu no seu labor.
Manu Fernández | 5
Sufrindo no xogo aéreo e correcto en todo o demais.
Sartfelt | 6
Tampouco puido deter o balón parado do Niza, pero tivo presenza na saída de balón.
Marcos Alonso | 6
Entrou moito en xogo, para darlle pausa ao balón, para filtrar pases e ata para rematalos. No debe queda a mala cobertura no gol do Niza.
Hugo Álvarez | 5
Está a custar ao ourensán recuperar o nivel. Xogou pola dereita pero non estivo acertado. Substitución no descanso.
Beltrán | 5
Non puido cortar o xogo físico do Niza na primeira metade. Voluntario, pero con pouca incidencia.
Miguel Román | 6
Apareceu moito na área rival e tivo un par de oportunidades. Víuselle moi enchufado.
Carreira | 6
Incisivo e sen deixar espazos na súa banda. Activo.
Pablo Durán | 6
Errou nalgunha toma de decisión, sobre todo tras superar o porteiro. Cumpriu en ataque e como carrilero dereito.
Bryan Zaragoza | 7
O seu mellor partido desde que chegou ao Celta. Por fin apareceu o seu un contra un e puxo tolo aos seus pares.
Borja Iglesias | 6
Marcou o tanto do triunfo e a súa presenza na segunda metade foi clave para o equipo.
Javi Rueda | 5
Entrou na recta final no carril dereito e non tivo moita incidencia no xogo.
Mingueza | 6
Dá a asistencia do 2-1. Deulle pausa ao xogo e estivo participativo.
Sotelo | 5
Notouse a súa presenza para mover o balón. Está nun momento de confianza.
Cervi | -
Xogou os seus primeiros minutos da tempada, testemuñal.