O filial foi o único equipo que se non gañou esta xornada
22 oct 2025 . Actualizado á 10:27 h.Só o filial masculino fallou esta fin de semana na canteira do Celta, onde o resto de equipos dominan as súas ligas salvo o Cadete A, que é segundo clasificado a dous puntos do líder. O Fortuna baixa á terceira praza tras sufrir a súa segunda derrota da tempada.
Filiais
Nun mal partido da Celta Fortuna, no que Fredi Álvarez recoñeceu equivocarse coa formulación, o equipo vigués sufriu ante o Lugo no Anxo Carro a súa segunda derrota da tempada. Aínda que o equipo visitante quedou en superioridade pola expulsión de Gayá -por unha patada no ollo a Anxo Rodríguez, que non puido continuar- cando ía 1-0, pouco despois chegou o segundo dos de Yago Iglesias e os célticos, aínda que tiveron un gol anulado, non deron nunca a sensación de poder levar algo positivo deste duelo.
Celta Fortuna, Primeira Federación
Terceira posición, catorce puntos en 8 xornadas (4V, 2E, 2D)
Goleadores: Hugo González (5), Bernard Somuah (1), Óscar Marcos (1), Ángel Arcos (1), Álvaro Marín (1), Joel López (1).
As Celtas Sporting tiveron que remontar para imporse ao segundo clasificado de Terceira Federación, pero conseguiron sumar unha nova vitoria e xa son cinco noutros tantos encontros. Fronte ao Bergantiños -que tamén estaba invicto-, a gran protagonista foi Candela Rodríguez, xogadora que xa reaparecera con gol tras máis dun ano lesionada e que fixo saíndo desde o banco os dous das de David Ferreiro neste choque, o último, in extremis para o 2-1 final na Madroa. Son líderes cos quince puntos posibles, marcando 17 goles e encaixado unicamente o desta fin de semana.
As Celtas Sporting - Terceira Federación
Líder, quince puntos en cinco xornadas (5V)
Goleadoras: Iria Seoane (5), Candela Rodríguez (3), Alejandra da Silva (2), Sara Couso (2), Lea Ayestarán (1), Lea Lorenzo (1), Claudia Briansó (1), Eli Núñez (1), Ana Capelo (1).
Xuvenís
O Celta de División de Honra Xuvenil conseguiu un novo triunfo que lle permite continuar como líder en solitario do grupo 1. Nun partido pasado por auga na Madroa, os de Alberto Suárez adiantáronse cun gol de Ángel Davila e despois de que os cántabros empatasen, decantou a balanza o máximo goleador do grupo, Jorge Pérez-Lafuente. Sufriron unha expulsión por terceira xornada consecutiva, esta vez, a de Hugo Pérez por dobre amarela.
Celta Xuvenil A - División de Honra Xuvenil
Líder, trece puntos en cinco xornadas (4V, 1E)
Goleadores: Jorge Pérez-Lafuente (6), Hugo Pérez Sañudo (3), Anthony Khayat (1), Iago Barreiros (1), Ángel Davila (1), Xandre Fraga (1).
Sufriu de xeito abondo o Celta Xuvenil B de Liga Nacional no derbi ante o Coruxo, pero o cadro de Juan Recondo conseguiu sumar o seu sétimo triunfo noutros tantos partidos. Aínda que Pablo Rodríguez abriu o marcado para os vigueses, os verdes déronlle a volta e apareceron Diego Matute e o internacional Pablo Aparicio para facer o 3-2 definitivo. Son o único equipo que sumou os 21 puntos, dous máis que o Deportivo, tamén invicto. O Ourense CF será o seguinte rival.
Celta Xuvenil B - Liga Nacional Xuvenil
Líder, 21 puntos en sete xornadas (7V)
Goleadores: Pablo Aparicio (8), Hugo Chamadoira (6), Daniel Ruiz (5), Diego Matute (4), Óscar Vázquez Piñeiro (2), Raúl Chirveches (1), Gael Martínez (1), Hugo López (1), Mateo Pastoriza (1), Pablo Rodríguez (1).
Cadetes
Triunfo pola mínimo do Celta Cadete A ante o Pavillón Ourense (0-1), que se reencontraba co triunfo tras ceder na xornada anterior os seus primeiros puntos en forma de empate. Decidiu un solitario gol de Iván Villarino -pichichi con nove tantos en seis encontros- aos 78 minutos. Desta forma, seguen na segunda praza, con dous puntos menos que o Deportivo, ao que aínda non se lle escapou ningún punto. O próximo rival dos célticos será o Val Miñor.
Celta Cadete A - División de Honra Cadete
Segundo, 16 puntos en seis xornadas (5V, 1E)
Goleadores: Iván Villarino (9), Oliver Pereira (4), Pablo Herreros (2), Aldán Limia (2), Nicolás Ferreira (2), Yago Rodríguez (1), Germán Alonso (1), David Alonso (1), Jacques François Ngoo Essam (1), Martín Carou (1), Anxo Peleteiro (1).
O Cadete B convértese en líder en solitario ao gañar o seu sexto partido en seis xornadas e perder por primeira vez o Val Miñor -ao que se enfrontan os celestes no seu próximo partido-, sorprendido polo Xinzo. Os vigueses visitaban ao Santa Mariña (1-5), ante o que comezaron perdendo e remontaron con goles de Nicolás Mindiola (2) -máximo goleador do grupo con nove tantos en cinco encontros e a mellor media-, Darío Martínez (2) e Gabriel Rocha.
Celta Cadete B - Preferente Futgal Cadete
Primeiro clasificado, quince puntos en cinco xornadas (5V)
Goleadores: Nicolás Mindiola (9), Darío Martínez (9), Carlos Yanel (7), Gabriel Rocha (7), Aldán Limia (3), Alejandro Álvarez (3), Xenxo Guimeráns (2), Hailemariam Cores (2), Lucas Neira (1), David Alonso (1), Mauro Ávila (1).
40 goles favor, ningún en contra e tres vitorias noutros tantos partidos é o balance dAs Celtas Cadete. As futbolistas que dirixe Mara Jiménez non deron ningunha opción ao Teis no campo da Guía (10-0), onde decidiron os goles de Aroa Martínez (4), Beira Espinosa de los Monteros (3), Sabela Fernández, Nerea Pestonit e Daniela Vila. Seguen sendo colíderes, pois E. F. F. Rosalía tamén teñen nove puntos, pero con balances goleadores máis discretos. O próximo rival do cadro celeste será o Chapela.
As Celtas Cadete - LGF Cadete
Primeiro (colíder), nove puntos en tres xornadas (3V)
Aroa Martínez (9), Beira Espinosa de los Monteros (8), Sabela Raposo (5), Nerea Pestonit (5), Carmen Pérez Boente (3), Lucía Gregorio (2), Sabela Fernández (2), Daniela Vila (2), Daniela Sabarís (1),Lola Agulla (1), Daniela Yáñez (1).
Infantís
Sexta vitoria en seis partidos para un Celta Infantil A que venceu por 2-10 na súa visita ao Ural e que permanece como segundo na táboa pola diferenza de goles cun Deportivo que suma os seus mesmos 18 puntos. Comezaron por detrás os vigueses, que empataron cun gol de Mario González; despois chegaron os tantos de Adrián Lodeiro (3, un de penalti), Federico Maciel (3), Mateo Quintana, Alexis Tarba e David Trillo e o segundo dos coruñeses foi o que pechou o marcador. Na próxima xornada, visitan ao Val Miñor.
Celta Infantil A - División de Honra Infantil
Segundo (colíder),18 puntos en seis xornadas (6V)
Goleadores: Adrián Lodeiro (11), Mateo Quintana (7), Nicolás Leiro (4), Mario González (3), Yoel Barreiros (3), Federico Maciel (3), Tiago Gómez (2), Alexis Tarba (2), David Trillo (2), Nicolás Mindiola (1), Iago Fernández (1), Jacobo García (1).
Tamén o Infantil B é colíder con 18 puntos e pleno de seis triunfos, pero no seu caso, na primeira praza con 32 goles a favor e cinco en contra, empatado co Santa Mariña. O marcador fronte ao Xinzo foi de 2-4 para os de Alejandro Rodríguez Triviño, con goles de Pablo Santamaría (2), Dylan Ferrer e Álex Ferradás. O Val Miñor B será o próximo opoñente.
Celta Infantil B - Preferente Futgal Infantil
Primeiro clasificado (colíder), 18 puntos en seis xornadas (6V)
Goleadores: Sergio Vales (10), Pablo Santamaría (6), Gabriel Lodeiro (4), Anxo Muñiz (2), Brais Fernández (2), Fernando Fuentes (1), Ian Acuña (1), Mateo González (1), Samuel Courtois (1), Álvaro Gándara (1), Dylan Ferreiro (1), Dylan Ferrer (1), Álex Ferradás (1).
Segue o empate entre As Celtas e Lóstrego na liga Galega Infantil feminina, ambos con nove puntos de nove. As célticas, que levan 31 goles a favor e ningún en contra, venceron esta fin de semana por 9-0 ao Valladares con goles de Xulia Prada (2), Sabela Bar, María Lago (2), Blanca Liz, Yasmin O Hariri e Gabriela Vaz. A E. F. F. Rosalía será o seguinte rival das de Carla Carballo.
As Celtas Infantil - Liga Galega Infantil
Primeiro (colíder), seis puntos en dúas xornadas (2V)
Goleadoras: María Lago (7), Ainhoa-Beatrice Iurea (6), Xulia Prada (5), Sabela Bar (4), Martina Izquierdo (2), Gabriela Vaz (2), Valeria Pérez (1), Claudia Vega (1), Blanca Liz (1), Yasmin O Hariri (1).
Alevíns
Triunfo por 0-4 do Celta Alevín A fronte á Escola Denis Suárez para manter o pleno de seis triunfos. Tamén teñen eses 18 puntos o Val Miñor e a VDE Mos, pero os célticos teñen mellor diferenza de goles -43 a favor e unicamente un en contra-. Na próxima xornada, enfrontaranse na Madroa ao Areosa.
Celta Alevín A - Primeira Futgal Alevín
Segundo (colíder), 18 puntos en seis xornadas (6V).
0-17 foi o resultado do duelo entre VDE Mos e un Celta Alevín B que lidera en solitario o seu grupo ao ser e único equipo que gañou os catro duelos disputados. Marcaron 61 goles, aínda non recibiron ningún e os seus doce puntos son dous máis que os que suma o Moledo, segundo. Na próxima xornada, enfróntanse ao Rápido de Pereiró C.
Celta Alevín B - Segundo Futgal, grupo 6
Líder, doce puntos en catro partidos (4V)
Benxamíns
O Celta Benxamín A levou o derbi vigués ante o Coruxo en Fragoselo por 0-11 e segue compartindo coliderato co Santa Mariña, ambos con 18 puntos. Os vigueses, que marcaron 65 tantos e recibido dous, reciben na próxima xornada ao Rápido de Bouzas nun novo derbi vigués.
Celta Benjamín A - Primeira Futgal Benjamín
Primeiro (colíder), 16 puntos en seis xornadas (6V).
Tamén os máis pequenos da estrutura celeste, o Celta Benxamín B, son colíderes con pleno de puntos, no seu caso, xunto ao Moledo. O partido ante o Rápido de Bouzas D desta fin de semana rematou 12-0, no que supón a cuarta vitoria en catro partidos. No quinto, enfróntanse ao Rápido de Pereiró C.
Celta Benjamín B - Segundo Futgal Benjamín, grupo 2
Primeiro (colíder), doce puntos en catro xornadas (4V).