Carl Starfelt: «Estou feliz de estar de volta, foi moito tempo e sempre quero axudar»

LA VOZ VIGO

BANCADA DE RÍO

M.MORALEJO

O central do Celta cre que o equipo fixo «moitas cousas ben» ante o Xirona e mereceu o triunfo

14 sep 2025 . Actualizado á 19:06 h.

O central do Celta Carl Starfelt, que substituíu a Javi Rodríguez na recta final da cita ante o Xirona deste domingo en Balaídos, reaparecía en partido oficial máis de cinco meses despois —sufriu dúas lesións seguidas a finais da tempada pasada e unha máis xusto antes de comezar esta liga— mostrouse «feliz de estar de volta». «É moito tempo sen competir, e sempre quero axudar ao equipo», expresaba o internacional con Suecia tras os seus primeiros minutos.

Respecto á actuación do equipo fronte ao Xirona, sumando dun por cuarta xornada consecutiva, considera que xogaron «ben durante gran parte do mesmo». «Na miña opinión, merecemos gañar, fixemos moitas cousas ben. Pero temos menos puntos dos que queriamos e hai que seguir traballado duro», recalca o central.

En canto ao celtismo, pídelles que lles «sigan apoiando» do xeito en que o veñen facendo «cada semana». Pensa que serán un factor importante para «seguir conseguindo máis puntos no futuro». Starfel saltou ao terreo de xogo á falta de vinte minutos, cando o seu compañeiro pediu o cambio.