Conta atrás para o inicio da pretemporada do Fortuna

LA VOZ VIGO

BANCADA DE RÍO

RC CELTA

O filial só ha oficializado ata o de agora a compra de Hugo González e as subidas de seis xuvenís

13 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A Celta Fortuna porá fin este mércores ás súas vacacións. O cadro de Fredi Álvarez, que empeza a súa segunda tempada seguida tras coller ao equipo na recta final da 2023/2024, non ten por agora caras novas máis aló dos canteiráns que soben e de Hugo González, que pasou a ser propiedade do cadro vigués tras estar cedido desde o pasado xaneiro. Ademais, aínda non foi oficializada, pero si está pechada e é segura a chegada do porteiro brasileiro Caio Barone.

Os outros movementos foron de promoción desde o xuvenil. Pasan a ter ficha do equipo de Primeira Federación Marcos González, Pablo Gavián, Ángel Arcos, Germain Milla, Ianis Tarba e Bernard Somuah, que chegou no verán do 2024 como xogador do filial, pero paso ao Xuvenil A en xaneiro e alí puido sumar minutos e acelerar a súa aclimatación a España.

 

No capítulo de baixas destaca especialmente a confirmada esta semana de Gael Alonso, capitán do equipo, que rexeitou a oferta de renovación para probar sorte no fútbol profesional da man do Andorra. Tamén deixou o club tras moitos anos César Fernández, que recala no Racing de Ferrol, e remataron as súas cesións Johan Guedes e Iván Garriel. Todo apunta a que Sergio Díez sairá e tamén Jordi Escobar ten opcións.

Pola contra, renovaron os seus contratos este verán un dos capitáns do equipo, Pablo Meixús, e o gardameta Coke Carrillo, que está a facer a pretemporada arriba.