
O xuvenil con ficha do B marcou no 88 e no 92 ante o Bilbao Athletic
17 may 2025 . Actualizado á 21:27 h.Minuto 88, a Celta Fortuna perde ante o Bilbao Athletic na súa despedida de Balaídos nun partido plano na primeira metade e movido na segundo, pero con gol bilbaíno de Huestamendia. Pero os de Fredi Álvarez non se foron e en catro minutos Andrés Antañón deulle a volta ao marcador para asinar o peche de curso perfecto na casa: 2-1.
O primeiro dos goles do xuvenil (aínda que con ficha do B) marcouno con tiro cruzado tras un pase filtrado de Gael Alonso precedido dunha grande arrancada de Milla. O segundo, no 92, foi de cabeza, nun rexeite tras repeler Gastesi un disparo. E co 2-1, o Bilbao Athletic buscou o empate e César asinou unha excelente parada.
O desenlace nada tivo que ver co desenvolvemento do partido, plano por completo na primeira metade, con poucas oportunidades e cos dous equipos evidenciando que o ano chegaba ao seu fin. A entrada de Jordi Escobar tras o descanso revolucionou aos vigueses, pero o dianteiro errou as ocasións que el mesmo xerou e foi o cadro biscaíño o que se adiantou cun gol de habilidade e incluso tivo un par de ocasións para sentenciar. Pero non o fixo e o Celta B reaccionou.
Ficha técnica
CELTA FORTUNA: César; Gael Alonso, Meixús, Joel López (Dela, min 64); Sergio Díez (Escobar, min 46), Antañón, Burcio (Garriel, min 64), Tincho (Milla, min 84); Ángel Arcos, Óscar Marcos e Johan (Barreiros, 73).
BILBAO ATHLETIC: Gastesi, Johaneko, Duñabeitia, Ebro, Elías, Aguilar (Adrián Pérez, min 84), Gerenabarrena, Olabarrieta (Huestamendia,min 53), Ibon Sánchez (Oyono, min 90), Buján (Lete, min 84) e Hierro (Ibai, min 53).
GOLES: 0-1, min 56: Huestamendia. 1-1, min 88: Antañón. 2-1, min 92: Antañón.
ÁRBITRO: Pardeiro Puentes. Amarelas a Burcio e Ángel Arcos polos locais e Duñabeitia polos visitantes.