
Sete peñistas da agrupación celtista vasca arrouparán ao Celta fronte á Real Sociedade; a Federación de Peñas xestionou 18 entradas
13 may 2025 . Actualizado á 08:22 h.Un martes ás 20.00 horas non é o mellor horario para ninguén, pero o Celta non estará só tampouco na noite deste martes en Anoeta, onde afronta ante a Real Sociedade outro partido fundamental, como cada un dos tres que lle restan para rematar o campionato, na pelexa por meterse en Europa. A pena celtista con sede en Bilbao, Zeru Urdin, non poderá contar cunha representación tan nutrida coma se o partido se disputaría en fin de semana, pero tampouco fallarán: haberá sete peñistas nas bancadas para apoiar o equipo e ningúns dos que teñen imposible acudir, prevén ir a Balaídos o domingo.
https://t.co/nhvmqixcba pic.twitter.com/qthcxjzm6d
— Puskis (@PuskisCelta) May 12, 2025
Road to San Sebastián! ? @RCCelta #imoscelta pic.twitter.com/hhwsiq3w5f
— Rubén (@Ruben_Ara23) May 12, 2025
Desde a Federación de Peñas Celtistas xestionáronse un total de 18 entradas, ás que se suman aquelas localidades adquiridas directamente polos abonados a través do club. Desde hai unhas semanas, as entradas para os partidos do equipo vigués como visitante se reparten nun 75% por antigüidade e no 25 restante por sorteo, aínda que parece complicado que neste caso non houbese entradas para todos os interesados en acudir. Nas últimas horas, algúns celtistas mostraron a través de redes sociais que xa estaban de camiño para non perderse esta cita. Será a penúltima como visitantes, pois o equipo pechará a liga dentro de dúas fins de semana en Xetafe.