Tras a súa reaparición en Copa, o serbio foi titular no Celta-Xetafe
05 nov 2024 . Actualizado á 05:00 h.Mihailo Ristic estreouse en liga na duodécima xornada, no Celta-Xetafe deste luns, despois de que a intención de Claudio Giráldez fose que fóra da partida na primeira data do campenonato. Ese día, lesionárase no quecemento, dando continuidade a múltiples problemas físicos desde a súa chegada ao equipo. E non foi ata o mércores pasado, en Copa, cando reapareceu. Despois de completar os 90 minutos ante o San Pedro, o seu técnico decidiu onte non só facelo debuta nesta liga, senón volver apostar por el como titular.
Preguntado pola presenza do serbio, re remitía o adestrador celeste ás boas sensacións da Copa e tamén aludía a que lle parecía unha boa opción dado o xogo directo do Xetafe, entendendo que lles podía «achegar moito» no balón parado e na defensa dentro da área. A iso sumábanse os problemas de costas de Hugo Álvarez que xa mencionara na previa de Copa. A Ristic notóuselle a falta de ritmo e estivo un punto lento, aínda que cumprindo en defensa e deixando un detalle de calidade en forma de caño.
Giráldez tamén se pronunciou sobre Ristic no pospartido. «É imposible non empatizar cun xogador que leva tantas lesións seguidas, que fai un traballo grande para estar ben e non lle acaban de saír as cousas. Cando alguén non se coida, podes recriminarlle que se lesione, pero el cóidase minuciosamente» e se esfuerza no día a día para estar san, encomiaba. «Sae despois de tanto tempo sen competir en Primeira e fai o partido que fai. Que se atopou con boas sensacións a pesar de non estar aínda ao seu mellor nivel alégrame moito», expresaba.