Os excélticos que disputarán a Eurocopa

LA VOZ VIGO

BANCADA DE RÍO

XOAN CARLOS GIL

Catro xogadores con pasado no Celta competirán coas súas seleccións na cita de Alemaña

13 jun 2024 . Actualizado á 05:00 h.

O Celta non contará con ningún xogador na Eurocopa, pois os combinados nacionais dos internacionais europeos non se clasificaron, pero si haberá varios coñecidos para a afección celeste. En concreto, son catro: Stanislav Lobtoka (Eslovaquia), Mathias Jensen (Dinamarca), Okay Yokuslu (Turquía) e Joselu Mato (España). A eles hai que sumar ao actual seleccionador de Albania, Sylvinho.

Lobotka (Treincin, 1994), xogador céltico entre o verán do 207 e xaneiro dle 2020, cando se incorporou ao Nápoles, era un fixo na súa selección xa durante os seus anos en Vigo e seguiuno sendo en todo este tempo. De menos a máis no conxunto italiano, acabou sendo unha peza crave como o foi nos seus mellores tempos no Celta. A súa selección está encadrada no grupo E, onda Bélxica, Romanía e Ucraína.

Outro que xa era habitual con Turquía cando vestía de celeste era Okay Yokuslu, que tamén estará presente nesta Eurocopa. Actual xogador do West Bromwich Albion desde o 2022 -e tras estar alí cedido polo Celta un ano antes-, xogar na segunda categoría non lle impediu seguir contando para o seu seleccionador; ten un ano máis de contrato alí. Na cita continental, os turcos mediranse a Xeorxia, Portugal e Chequia.

Mathias Jensen era habitual coa sub-21 no seu ano en Vigo, na tempada 2018/2019, na que incluso xogaba máis con ese combinado que vestido de celeste, pois apenas dispuxo de oportunidades. Co tempo, con todo, fíxose un oco na absoluta e, de feito, xa estivo na anterior Eurocopa -sen minutos- e no último Mundial, participando en dous duelos. Xoga no Brentford desde que finalizou o seu paso por Vigo, no 2019; as dúas primeiras tempadas, na segunda categoría, e estas tres máis recentes, na Premier. Eslovenia, Inglaterra e Serbia serán as súas riales na fase de grupos.

Para rematar, Joselu é o representante excéltico na selección española. Dos catro, é con diferenza o que ten un pasado celeste máis afastado no tempo, pois o seu paso, que comezou na canteira, tocou ao seu fin no 2010 e tras pasar o último ano fóra, cedido. Actual xogador do Madrid, non foi hast aque fichou por ese equipo cando tivo a súa primeira oportunidade cnla selección española, pero consolidouse. España verallas con Croacia, Italia e Albania na fase de grupos.

 

Sylinvho, pola súa banda, logrou clasificar a un dos rivais de España, Albania, á segundo Eurocopa da súa historia. Leva ano e medio nun cargo ao que chegou curta experiencia como primeiro adestrador a cargo do Olympique de Lyon, onde durou só once xornadas, e do Corinthians, onde apenas estivo dez meses. O seu segundo é outro excéltico, Doriva. Outro segundo con pasado celeste é o de Serbia: Goran Djorovic.