
Swedberg e Carles Pérez, que tampouco estiveron co Celta no Metropolitano por molestias, non aparecen no parte médico
13 may 2024 . Actualizado á 20:43 h.O defensa do Celta Mihailo Ristic, que quedou fóra da convocatoria para o partido ante o Atlético de Madrid deste domingo, aparece no parte médico cunha contusión-escordadura no nocello dereito pola que adestra á marxe. Claudio Giráldez explicara na previa a situación do internacional serbio: «Mihailo ten un golpe no nocello onte (polo venres) adestrando que hoxe (polo sábado) impediulle saír a adestrar e tendo tres partidos nunha semana, non queremos forzar a ninguén».
Tampouco viaxaran a Madrid por problemas físicos, á parte do lesionado de longa duración Joseph Aidoo, outros dous futbolistas: Carles Pérez, que se viña resentindo do golpe que recibiu fronte ao Alavés nun nocello, e Williot Swedberg, con molestias nos isquios. Con todo, ningún da dúas figura no parte médico, o que fai pensar que estarán dispoñibles para o duelo do mércores fronte ao Athletic Club.