Emotivo saque de honra de Eusebio en Balaídos

LA VOZ VIGO

BANCADA DE RÍO

XOAN CARLOS GIL

O que foi xogador e adestrador do Celta é o primeiro embaixador do centenario do club

27 feb 2023 . Actualizado á 05:00 h.

O que foi tanto xogador como adestrador do Celta Eusebio Sacristán converteuse no primeiro embaixador do centenario. O de La Seca saltou ao campo antes do partido ante o Valladolid para recibir unha bufanda da efeméride, a insignia do club de mans de Carlos Mouriño, o aplauso do celtismo e realizar o saque de honra. «Que tivesen comigo este detalle faime sentirme moi especial, é moi bonito. Eles din que a miña etapa aquí foi importante e para min tamén o foi. Era a miña primeira etapa como adestrador, pasamos momentos difíciles, pero sacámolo. A eles fíxolles ben e a min tamén», comentou.

Xa este luns, o club vigués respondeu ao chío onde a fundación que leva o nome de Eusebio recollía o que vivira. «Foi un pracer volver ver a Eusebio e que levase a ovación que se merece da nosa afección. É un orgullo que sexa embaixador do noso centenario», sinalaron.

XOAN CARLOS GIL

XOAN CARLOS GIL

XOAN CARLOS GIL