Brais reencóntrase co seu pasado entre abrazos

LA VOZ VIGO

BANCADA DE RÍO

Óscar Vázquez

O canteirán do Celta regresou a Balaídos vestindo a camiseta da Real Sociedade

17 oct 2022 . Actualizado á 20:04 h.

Brais Méndez volveu a Vigo por primeira vez como xogador rival tras ser traspasado á Real Sociedade o pasado verán e foi recibido con aplausos cando saltou ao terreo de xogo, algo que se repetiu nalgunha opción a balón parado (córneres). A afección do Celta recoñeceulle os servizos prestados e non tivo un só reproche. El agradeceuno logo en Instagram: «Partido moi especial. Día de emocións e reencontros. Grazas polo cariño». En canto ao partido do mosense, non tivo o protagonismo que adoita debido á marcaxe de Galán, aínda que deu a asistencia dun dos goles do seu equipo.