Aspas: «Estamos por diante e o Leganés asinaríao»

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

Xoán Carlos Gil

O moañés mostrouse autocrítico: «Así é difícil gañar en Primeira»

16 jul 2020 . Actualizado á 23:37 h.

O dianteiro do Celta Iago Aspas admitiu que as sensacións fronte ao Levante foron «malas» e mostrouse moi autocrítico. Lembrou que desperdiciaron moitas ocasións de facer os deberes antes ao ter «opcións xornada tras xornada» para certificar a permanencia.

O moañés admitiu a superioridade do Levante a pesar de non xogarse nada. «Chegaban sós, remataban, defendemos mal. A raíz do 1-2 tivemos bos minutos botándolle garra, pero ao pouco de empezar a segunda parte métenos un tío só na área pequena», resumiu o céltico. «Así é difícil gañar en Primeira», lamentouse.

Non ocultou que existe inquedanza no vestiario e preguntouse «como non vai habela nesta situación». Avanzou tamén que agarda «un partido difícil, como todos en Primeira» o domingo fronte ao Espanyol. «Todos os equipos compiten ben. O Levante non xoga nada, pero teñen bos xogadores e compiten», avisou. Con todo, lembrou: «Estamos por diante e asinaríao o Leganés».