Os célticos non lograban só tres vitorias en 21 xornadas desde o curso 1989/1990

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

Xoán Carlos Gil

Ademais, non encandenaban seis partidos sen gañar en casa desde a tempada 2013/2104

27 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Disputadas 21 xornadas de Liga (a primeira volta completa e dous encontros da segunda) o Celta segue contando unicamente con tres vitorias, conseguidas ante Valencia e Athletic Club en Balaídos e fronte ao Vilarreal a domicilio. Esta cifra tan pobre non se daba desde a tempada 1989/1990, segundo datos da conta de Twitter Afouteza e Corazón, e só hai unha ocasión que a empeora, as dúas vitorias tras a mesma cifra de partidos que levaban os vigueses no curso 1943/44.

Ademais, encadea a estas alturas seis partidos consecutivos sen sumar os tres puntos no estadio municipal de Balaídos. A última vez que o equipo acumulou seis ou máis partidos seguidos sen vencer no seu campo foi na tempada 2013/2104 (7), mentres que na anterior acadou os once e perdeu a categoría (2006/2007).