Dous posibles penaltis sen intervención do VAR

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

Xoán Carlos Gil

Denis e Iago Aspas protagonizaron accións nas que reclamaron penas máximas

27 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Celta pediu dous posibles penaltis fronte ao Eibar, pero ningún deles foi sinalado polo colexiado González González. É máis, un deles tivo consecuencias fatais, pois Aspas viu a quinta amarela por simular na acción na que reclamaba a pena máxima e perderase o duelo de Mestalla.

A polémica chegou nunha acción por banda dereita na que o dianteiro do Celta , tratando de aproximarse á portería, forcexa con Inui e acaba no chan. O xogador reclamou con insistencia o penalti, pero o colexiado entendeu que finxira e sacoulle a cartolina.

Xa nos instantes finais, Denis Suárez, recentemente saído ao campo, foi o protagonista doutra posible pena máxima que non existiu para o árbitro. O VAR non interveu en ningunha das dúas. E precisamente sobre o videoarbitraje recoñeceu Óscar García Junyent que non están a ter boas experiencias, aínda que lle parece «unha boa ferramenta». «Non lembro moitas ocasións en que teña cambiado algo ao noso favor, agardemos que algún día iso cambie. Supoño que pola importancia dos partidos hai xente máis atenta ou menos», afirmou.