Iago Aspas e Maxi Gómez, mellor parella goleadora do Celta en 60 anos

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

XOAN CARLOS GIL

26 may 2019 . Actualizado á 05:00 h.

Os célticos Iago Aspas e Maxi Gómez marcaron nas últimas dúas tempadas un total de 72 goles que os converten na mellor parella goleadora do Celta nos últimos 60 anos, segundo datos da conta de Twitter Afouteza e Corazón. Deses tantos, 42 foron obra do moañés, mentres que os 30 restantes conseguiunos o xogador de Paysandú.

Ao anterior hai que sumar as doce asistencias do internacional con España nas últimas ligas, mentres que o urugyao deu oito. Isto significa que suman un total de 54 e 38 participacións de gol, respectivamente, entre a tempada 2017/2018 e a 2018/2019. Sempre segundo datos de Afouteza, Aspas deu 30 puntos ao Celta cos seus goles, mentres que os de Maxi traducíronse en 25 puntos.