Gerard Piqué estréase como profesor en Harvard

Joaquina Dueñas MADRID / COLPISA

XENTE

Gerard Piqué, durante la clase
Gerard Piqué, durante a clase Kosmos, Evgenia Eliseeva EFE | EFE

O exfutbolista e empresario explicou en Boston a estratexia da Kings League

27 nov 2025 . Actualizado á 13:31 h.

Gerard Piqué estreouse como profesor invitado en Harvard. Fíxoo para explicar no Master of Business Administration (MBA) a estratexia do seu proxecto máis ambicioso, a Kings League, a liga de fútbol 7 que enfronta a equipos liderados por creadores de contido e que se converteu nun auténtico fenómeno.

O exfutbolista fundou a competición no 2023 en España e México e, desde entón, logrou expandir a súa iniciativa a Brasil, Francia, Italia, Alemaña, Oriente Medio e o norte de África, á espera de que se implante tamén nos Estados Unidos proximamente. Un proxecto que no seu primeiro exercicio completo acadou un volume de negocio de 20 millóns de euros, segundo publicou o portal de finanzas Palco23.

Para Piqué foi unha xornada moi especial xa que el mesmo cursou un MBA de catro días en Harvard no 2017 coa profesora Anita Elberse, a mesma que agora contou con el na organización do curso Business of Entertainment, Media and Sports no que o exfutbolista impartiu dúas clases. «É unha honra que a Kings League sexa analizada por unha institución tan respectada como é Harvard Business School. O estudo valida o impacto do noso traballo», expresou o catalán satisfeito.