CONTIDO PATROCINADO

Hai 25 anos, Víctor Robla, un acreditado comercial no mundo do viño, rexistrou a marca Lagar de Robla e aí empezou todo

J.M.ORRIOLS

Ao principio o viño que vendía elaborábao nunhas instalacións vinícolas da zona do Bierzo e, anos despois, xa levantou a súa propia adega en Toral dos Vaos, pasando das botellas imprescindibles para continuar co negocio ás máis de tres millóns que elabora hoxe nunha adega familiar que está en constante ampliación e na que, aos poucos, van tomar# a vez os seus catro fillos. «Estamos moi ilusionados, tanto a miña esposa Angelines como eu, porque os vemos totalmente implicados na adega —explica Víctor Robla— desde a parte comercial, tanto nacional como internacional, ata a elaboración e administración. Viven intensamente o seu traballo e, ademais, conseguimos facer un bo equipo, ata o punto de que todos participamos dos bos momentos e tamén dos malos, cando o tempo nos dá as costas ou xorde algún problema no mercado, por pór dous exemplos».

Lagar de robla catro irmáns

Este viño, que é o orgullo de Viños de Arganza e tamén o seu estandarte, elabórase con uvas dunha soa leira, a Valdalebre, que ten vides de entre 70 e 100 anos en moi poucos metros cadrados de terreo. «O rendemento destas cepas tan vellas é moi baixo, o que favorece a calidade, que é moi alta —engade o adegueiro—, circunstancia que foi decisiva á hora de decidirnos por este viñedo para elaborar o noso mellor viño, do que comercializamos unha edición limitada a dez mil botellas». O Catro Irmáns conséguese vendimiando acio a acio, facendo unha primeira selección na viña e despois outra na mesa. As uvas maceran a 4 graos durante 24 horas. O mosto fermenta 20 días en depósitos de aceiro inoxidable e continúa en barricas de carballo francés de 300 litros durante 10 meses. Esta anada do 2021 foi embotellada o 18 de decembro do 2022.

Do Catro Irmáns 2021 din os expertos que «ten unha personalidade única, marcada por unha produción escasa. Cor vermella cereixa brillante e intenso, moi elegante, sutil, con aromas varietales de froitos vermellos de frambuesa e cereixa, con fondo mineral. Lémbranos tamén a variedade, puída coa crianza en carballo francés. As notas de madeira aprécianse nun segundo plano e non tapan a personalidade da mencía».

Certificación ambiental

E tamén Robla está moi satisfeito por ter conseguido o certificado Sustainable Wineries for Climate Protection, que se outorga ás adegas que realizan labores para protexer o medio natural. «Implantamos tres xogos de placas para quentar a auga de limpeza de depósitos, liña de embotellado, barricas e chan e, ademais, dous conxuntos de placas fotovoltaicas con batería. Agora estamos xa co novo proxecto e para iso realizamos un cálculo da nosa pegada de carbono e puxemos en marcha un plan a dous anos para reducir emisións, tanto en adega, como en provedores».

«Catro Irmáns é a máxima expresión da uva mencía en terras do Bierzo»

da adega, o de prestixio e un dos máis demandados polos grandes gourmets, aínda que se elaboran poucas botellas. Empréganse uvas seleccionadas da leira Valdalebre, un viñedo de apenas unha hectárea con cepas centenarias, situada en pleno corazón do Bierzo e pola que pasan os peregrinos camiño de Compostela.

son os que agora levan a adega, baixo a supervisión do fundador. De esquerda a dereita, Carlos, Víctor, Nacho e Javier arroupan ao seu pai, no centro da imaxe. «Cada un ten o seu labor, pero ao final todos participamos de todo, tanto nos éxitos como nos desgustos». Nesta ocasión reuníronse durante a vendima para ofrecernos esta fotografía tan familiar.