Un novo servizo autonómico borrará a pegada dixital das vítimas de violencia na web

GALICIA

Estará regulado na futura lei contra o acoso electrónico, que tamén perseguirá o uso non consentido de sistema de xeolocalización
15 sep 2025 . Actualizado á 15:29 h.A Xunta iniciou a tramitación da futura lei de acoso e violencia dixital, coa que Galicia aspira a converterse na «primeira comunidade» con lexislación específica para axudar ás vítimas, que son na súa maioría menores de idade, mulleres e membros do colectivo LGTB, explicou Alfonso Rueda.
O presidente da Xunta estivo acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García, que detallou parte do anteproxecto que será sometido a consulta pública.
A lei regulará un novo servizo autonómico de borrado da pegada dixital, que en moitas ocasións está asociada á violencia sexual, remarcou García, co fin de axudar ás vítimas para reconstruír a súa reputación. Tamén se previrá a detección do uso non consentido de sistemas de xeolocalización.
A conselleira engadiu que o texto tamén incluirá medidas para previr e denunciar o acoso en centros educativos, e a creación dun espazo virtual de asesoramento gratuíto ás vítimas contra a violencia dixital.
Rueda lembrou que as novas tecnoloxías ofrecen «oportunidades», pero tamén advertiu que a violencia na Rede xera «importantes riscos» para os menores e as mulleres, ademais de que «cada vez está mais presente e con formas máis complexas», por iso é polo que a Xunta decidise lexislar nesta materia.