Galicia mantense por amais dos 2,7 millóns de habitantes tras gañar 15.000 veciños no último ano

La Voz REDACCIÓN

GALICIA

Óscar Vázquez

O aumento de poboación débese un ano máis á chegada de estranxeiros, que son un 13% máis que no 2024

07 ago 2025 . Actualizado á 11:46 h.

Ao 1 de xullo, a poboación de Galicia acadou as 2.720.469 persoas, o que supón un 0,53% máis que hai un ano, tras gañar 14.426 veciños nos  últimos doce meses. Son datos provisionais da Estatística Continua de Poboación que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística, que informa de que a nivel nacional, o número de habitantes de España subiu un 1,04%, superando a barreira dos 49 millóns. 

En concreto, Galicia segue manténdose por amais dos 2,7 millóns de habitantes grazas á chegada de estranxeiros, que crecen un 13% respecto a xullo do 2024, ata as 182.467 persoas. Non asín os galegos con nacionalidade española, que baixaron un 0,25%, quedándose en algo máis de 2,5 millóns.

 

A nivel nacional, a poboación con nacionalidade estranxeira creceu un 6,2%, ata superar os 7 millóns, mentres que os españois subiron un 0,23%, con 42.265.775 persoas.

A estatística tamén presenta datos das persoas con 100 anos ou máis, que Galicia contabiliza 1.753 persoas. Isto é, 175 centenarios máis que hai un ano.